Martes, 3 Febrero, 2015 - 20:00
A presentación sera a cargo do autor do libro Mark Bray.
"A tradución da anarquía. O anarquismo en Occupy Wall Street" parte de case duascentas entrevistas que o autor realiza a participantes de Occupy Wall Street, para expoñer o estudo deste movemento popular analizando a súa motivación, contradicións, tácticas, proxección... no contexto do ámbito antagonista norteamericano.
"A tradución da anarquía" é a posta en marcha de prácticas xenuinamente libertarias na organización e funcionamento de Occupy Wall Street. Así, o movemento baséase na democracia directa, o apoio mutuo, a acción directa, a autoxestión, o rexeitamento ao parlamentarismo... e conta cun notable protagonismo de anarquistas entre os seus militantes. Repásanse as ideas anárquicas e o seu desenvolvemento, e os debates que se deron en Occupy Wall Street en torno á atención dos medios de comunicación, a horizontalidade na toma de decisións, o uso da violencia, o racismo latente...
"A tradución da anarquía. O anarquismo en Occupy Wall Street" conta co valor engadido de ter un autor, Mark Bray, que non aborda o estudo dende certa distancia academicista senón que foi un dos protagonistas activos destas mobilizacións.
Mark Bray participou nos grupos de prensa e acción directa de Occupy Wall Street, en Nova York. Actualmente, forma parte da Federación Anarquista Rosa Negra e o sindicato IWW. Tamén, está a finalizar o Doutorado en Historia na Universidade Rutgers, estudando o anarquismo, a propaganda polo feito e a represión estatal en España a finais do século XIX."
Sera no Ateneo Libertario A Engranaxe, na rúa Rio Sil no número 52, baixo.
Mais info en: http://engranaxe.org/
No hay comentarios:
Publicar un comentario