[Galiza]Dende mañán martes 3 ata o sábado 7: Xira de presentacións do libro “La traducción de la anarquía. El anarquismo en Occupy Wall Street” de Mark Bray
As compas de Volapük, a editora deste libro, obra do anarquista de New York Mark Bray (membro da Federación Anarquista Rosa Negra), están de xira de presentacións por todo o estado español e dende o vindeiro martes 3 van estar pola Galiza nos seguintes Centros Sociais:
-Martes 3, Lugo no Ateneo A Engranaxe às 20 horas
-Mércores 4, Compostela no CSA do Sar às 20 horas
- Xoves 5, Vigo no CSOA A Quinta da Carminha às 20 horas
-Venres 6 en A Guarda no CS O Fuscalho às 20 horas
-Sábado 7 en Ourense no CSO A Kasa Negra às 19:30′ horas
La traducción de la anarquía. El anarquismo en Occupy Wall Street de Mark Bray con prólogo de Carlos Taibo, parte de case duascentas entrevistas que o autor realiza a participantes de Occupy Wall Street, para expoñer o estudo deste movemento popular analizando a súa motivación, contradicións, tácticas, proxección… no contexto do ámbito antagonista norteamericano.
A tradución da anarquía é a posta en marcha de prácticas xenuinamente libertarias na organización e funcionamento de Occupy Wall Street. Así, o movemento baséase na democracia directa, o apoio mutuo, a acción directa, a autoxestión, o rexeitamento ao parlamentarismo… e conta cun notable protagonismo de anarquistas entre os seus militantes. Repásanse as ideas anárquicas e o seu desenvolvemento, e os debates que se deron en Occupy Wall Street en torno á atención dos medios de comunicación, a horizontalidade na toma de decisións, o uso da violencia, o racismo latente…
A tradución da anarquía. O anarquismo en Occupy Wall Street conta co valor engadido de ter un autor, Mark Bray, que non aborda o estudo dende certa distancia academicista senón que foi un dos protagonistas activos destas mobilizacións.
Mark Bray participou nos grupos de prensa e acción directa de Occupy Wall Street, en New York. Actualmente, forma parte da Federación Anarquista Rosa Negra e o sindicato IWW. Tamén, está a finalizar o Doutorado en Historia na Universidade Rutgers, estudando o anarquismo, a propaganda polo feito e a represión estatal en España a finais do século XIX.
La traducción de la anarquía. El anarquismo en Occupy Wall Street de Mark Bray con prólogo de Carlos Taibo
Volapük Ediciones, Guadalajara 2015
496 páxinas, 13 x 20 cms. Rústica
978-84-940852-5-3
16 euros
https://abordaxe.wordpress.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario