lunes, 22 de mayo de 2017

Debate-obradoiro e presentación do libro SIN PODER en A Coruña



O próximo martes 23 de maio ás 19h teremos o pracer de contar con Javier Encina, que vén presentar “Sin Poder. Construyendo colectivamente la autogestión de la vida cotidiana”.

Javier Encina, un dos coordinadores do libro, é ilusionista social que leva dende 1995 participando en distintas iniciativas para o desempoderamento e a autoxestión da vida cotiá.

Se queremos construír comunidades igualitarias é imprescindible fuxir das lóxicas do poder que anegan todos os recunchos da nosa vida. Para iso, faise necesario crear relacións baseadas na horizontalidade e ir ao encontro dxs outrxs deixando de lado o desexo de poder. “Para poñer no centro de interese ás persoas temos que traballar con e dende elas”, segundo contan dende o proxecto Ilusionismo social. Nesta CHARLA-OBRADOIRO poderemos indagar en todas estas cuestións!

Aquí vos deixamos a súa páxina web cunha chea de interesantes materias: http://ilusionismosocial.org/

E aquí o seu Twitter: https://twitter.com/ilusocial

Non volo perdades!!

En el Centro Social Autoxestionado A Comuna (Verea de Polvorín, 35) de A Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario