viernes, 2 de octubre de 2026

II FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA E SOCIAL DE VIGO


 A II Feira do Libro Anarquista e Social de Vigo abrirá as súas portas os días 9, 10 e 11 de outubro nas Galerías de Príncipe 22, co propósito de continuar co espazo de encontro, reflexión e difusión de ideas transformadoras erguido con moito esforzo o ano pasado.

Despois dunha primeira edición rodeada de polémicas estériles, ás cales xa demos a resposta oportuna neste comunicado, deixando claro que a feira non só continúa, senón que se reafirma con máis forza e convicción. Fronte a quen pretende espallar o ruído e o desacredito, nós respondemos coa mellor das nosas armas: a cultura libre, a autoorganización e o encontro comunitario.

Nun contexto global e local onde o estado actual das cousas nos empurra cara á precariedade, á mercantilización da vida e á perda progresiva de dereitos e liberdades, faise máis urxente ca nunca abrir gretas na hexemonía do pensamento único. A Feira do Libro Anarquista e Social nace precisamente coa vontade de ser ese refuxio e altofalante: un espazo de pensamento crítico onde cuestionar as lóxicas do sistema, tecer redes de solidariedade e imaxinar alternativas reais desde a base.

Fronte ao ruído de fondo, a cultura libertaria segue en pé. Invitamos a toda a veciñanza de Vigo e contorna a achegarse, participar, debater e formar parte deste espazo aberto.

Agardámoste os días 9, 10 e 11 de outubro.

Saúde e Revolución

F.L.A.S.VIGO



No hay comentarios:

Publicar un comentario